Concurso de fotografía de cogomelos

A Sociedade Micolóxica de Madrid convoca un concurso de fotografía de cogomelos

Temática:
Calquera tema de actualidade relacionado co mundo dos cogomelos e o seu hábitat, sendo imprescindible o protagonismo dos mesmas. Poderán participar os afeccionados á fotografía que o desexen, sen límites de idade nin nacionalidade.

Presentación
– Por correo: Ata as 20 h do martes día 19 de novembro de 2024 na dirección:
Esther Santiago Castrexo. Paseo de la Florida, 28, esc 3, 7º  C. 28008 Madrid
Importante, debaixo da dirección engadir: (dejar en portería).

– Persoalmente: Os luns en horario de 18:30 a 20h, ata o día 18 de novembro de 2024, nas reunións micolóxicas que teñen lugar na Escola Técnica Superior de Enxeñería Agronómica, Alimentaria e de Biosistemas da Universidade Politécnica de Madrid, Av. Porta de Hierro, 2, Moncloa; e os martes en horario de 17:30 a 19:30h, ata o día 19 de novembro de 2024, en Madrid Salud, rúa Emigrantes, 20.

Só se poden presentar obras non premiadas noutros concursos anteriores.
Copias das fotos en dispositivos dixitais (CD, DVD, pendrives etc.)/ etc.) e copias en papel cor das mesmas, cuxo tamaño será de 20×30 cm.
Todas as fotografías virán montadas en cartolina ríxida branca, con tamaño único de 24×34 cm.
Cada autor poderá presentar ata un máximo de catro fotos, pero só poderá ser premiada unha.
Cada fotografía levará escrito o nome científico da especie no recadro frontal inferior esquerdo da cartolina e un título ou lema común a todas no recadro inferior dereito.
Á parte, no interior dun sobre pechado, incluiranse os datos do autor coa súa dirección completa, teléfono, lema, nome científico de cada fotografía e os dispositivos dixitais.

Premios:
1º premio consistente nun diploma e 360 euros.
2º premio consistente nun diploma e 180 euros.
3º premio consistente nun diploma e 90 euros.

http://www.socmicolmadrid.org/