A Cociña dos Netos é unha iniciativa da Fundación Vida Sostible, co apoio do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, que busca promover hábitos alimentarios sostibles entre os mozos sen perder de vista os saberes tradicionais.
Categorías.
Existen tres categorías nas que se pode participar:
– Categoría individual: para aquelas persoas maiores de 18 anos que queiran participar de forma individual.
– Categoría grupal: os equipos estarán formados por un máximo de catro persoas que formen parte de diferentes xeracións.
– Categoría semiprofesional: dirixido ao alumnado e o profesorado do sector da restauración. Os equipos de estudantes e profesores serán dun máximo de catro persoas.
As persoas participantes serán residentes no territorio español. Nas categorías grupal e semiprofesional poderán participar menores –cun mínimo de doce anos de idade–, sendo os membros do equipo maiores de idade, os responsables de asegurar que os menores, se os houbese, contan coa autorización dos seus pais ou titores legais para participar e coñecer as presentes bases.
Cada participante ou equipo pode concursar cun única vídeo receita e a súa receita escrita. Aínda que o concurso non pretende premiar ao vídeo máis profesional se non o que mostre unha receita que poña en valor a cociña sostible de aproveitamento, é importante que os participantes teñan en conta que a calidade dos vídeos, fotografías e textos presentados deben cumprir un mínimo para a súa visualización, lectura e futura publicación.Premios.O IV Concurso Interxeracional O Reto da Cociña Sostible do Aproveitamento A Cociña dos Netos contempla as seguintes categorías e premios:- Categoría individual – Dotación do premio: 500 €
– Categoría grupal – Dotación do premio: 1.000 €
– Categoría semiprofesional – Dotación do premio: 1.000 €
O prazo de inscrición e envío de materiais é ata o 25 de abril de 2025.
Máis información: A Cociña dos Netos