Concurso Literario Xaime Illa Couto

O Concello de Poio e a SCD Raxó convocan unha nova edición do Concurso Literario Xaime Illa Couto.

Ámbito xeográfico
Ata 17 anos: será requisito ter empadroamento no concello de Poio ou matrícula nun centro educativo deste concello.
De 18 anos en diante: a participación non ten limitación xeográfica.

As modalidades do concurso serán dúas:
– Relato curto ou conto.
– Poesía.

As categorías son as seguintes:
Categoría A: de 6 a 8 anos.
Categoría B: de 9 a 11 anos.
Categoría C: de 12 a 13 anos.
Categoría D: de 14 a 15 anos.
Categoría E : de 16 a 17 anos.
Categoría F: de 18 anos en diante.
A idade das persoas participantes deberá estar cumprida entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2025.

Os traballos serán de carácter individual e inéditos, quedando expresamente prohibido plaxiar, copiar ou reproducir traballos alleos.
Cada participante poderá presentar un único traballo por modalidade.
Os traballos deberán estar escritos en lingua galega.
O tema será libre.
A extensión dos traballos será como máximo de tres folios por unha soa cara (para relato curto ou conto) e dun folio por unha soa cara (para poesía).
Os traballos mecanografados entregaranse a tamaño de letra 12 e espazo interlineal dobre. Os traballos manuscritos entregaranse nun formato lexible.

Os traballos serán entregados en calquera dos seguintes centros:
No servizo de Cultura do Concello de Poio (andar baixo- Casa Consistorial), ou por correo certificado (Praza do Mosteiro 1, 36995, San Xoán de Poio).

Premios:
Categorías A, B, C, D: premio de 90 euros (para cada unha destas catro categorías e nas dúas modalidades), diploma e agasallo conmemorativo.
Categorías E: premio de 110 euros (para cada unha das dúas modalidades), diploma e agasallo conmemorativo.
Categorías F: premio de 400 euros (para cada unha das dúas modalidades), diploma e agasallo conmemorativo.

O prazo de entrega dos traballos estará aberto ata o mércores 30 de abril de 2025, ás 14:00 horas.

https://concellopoio.gal/bases-concurso-xaime-illa