Culturea na provincia de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra convoca o programa Culturea que ten entre os seus fins promover o impulso e fomento da cultura popular galega nas súas múltiples e variadas expresións artísticas a través do apoio á promoción cultural de agrupacións ou asociacións da provincia de Pontevedra.

Ofertarase ás agrupacións ou asociacións da provincia de Pontevedra actuacións de grupos, artistas e compañías inscritas no catálogo de Culturea.

Poderán ser beneficiarias das actuacións as agrupacións ou asociacións sen fins de lucro legalmente constituídas e inscritas no rexistro administrativo correspondente ou as entidades locais menores, da provincia de Pontevedra.

Poderán solicitar a inclusión no Catálogo “Culturea” de grupos, artistas e compañías todas aquelas manifestacións artístico-culturais que teñan o seu domicilio fiscal na provincia de Pontevedra e que se inclúan nalgunha das seguintes categorías:

1. Bandas de música
2. Masas corais
3. Grupos folclóricos
4. Teatro, incluidos grupos afeccionados
5. Música clásica
6. Rondallas
7. Música tradicional
8. Outras modalidades artísticas:
Animación infantil, audiovisuais, baile moderno, ballet, cantautoras e cantautores, charangas, grupos músico-vocais, grupos de playback, grupos pop-rock, humoristas, majorettes, maxia, outros folclores e poetas.

As solicitudes deberán presentarse cunha antelación mínima de 15 días naturais con respecto á data de realización da actuación e presentaranse obrigatoriamente na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal.

Máis información no BOP de Pontevedra do 17 de decembro de 2024 e en https://www.depo.gal/es/culturea