Curso en Vigo de monitor/a de tempo libre da ETL Surf Vigo

A Escola de tempo libre Surf Vigo organiza un curso de monitor/a de actividades de tempo libre de 100 horas de formación en liña e 100 horas presenciais do 12 ao 20 de abril.

Este programa intensivo está deseñado para capacitarte e permitirche inspirar a outros nas súas aventuras ao aire libre.
Inclúe pádel surf, surfskate e temas ambientais relacionados co mar. Aprenderás as mellores prácticas para gozar e ensinar estas actividades mentres contribúes á conservación da nosa contorna natural.
Ademais, terás a oportunidade de realizar 150 horas de prácticas en nosa propia escola de Vigo. Esta experiencia axudarache a aplicar os teus coñecementos e darache unha vantaxe na procura de emprego no sector do tempo libre.

Datas: intensivo do 12 Abril ao 20 abril (+26 abril)
Duración total 200h (100 h en liña)+(100 h presenciais) + (150 h practicas)
Contidos específicos (surf skate + pádel surf+ contidos ambientais)
Prácticas reais: 150h na nosa escola de Vigo.
Prezo: 270€
Inscricións: https://surfvigo.com/curso-monitor-de-tempo-libre-vigo/
Máis información contacto@surfvigo.com e no teléfono 698 182 287