Curso mediación civil, mercantil e comunitaria

Este curso é válido para acreditarche como MASC na nova Lei de eficiencia procesual, 1/ 2025, promove e dálle protagonismo á mediación na xestión de conflitos antes de recorrer á vía xudicial.

Formato: En liña

Convoca: UNED-Pontevedra

Colabora: Rexistro de Mediadores do Ministerio de Xustiza de España

Destinatarios:  Educadores sociais, pedagogos, integradores sociais, traballadores sociais, avogados e psicólogos

Lugar: On-line en diferido cun seminario práctico presencial e en liña en directo ou en diferido

Datas:15/05/2025-30/06/2025

Horas:  300 (prazo máximo de entrega dos exercicios prácticos: 15 de setembro de 2025)

Horario: 15 de maio de 2025 ao 30 de xuño clases e gravacións.

Obxectivos: Acreditarse como mediador/a profesional no Rexistro de Mediadores do Ministerio de Xustiza de España e poder xestionar conflitos de forma legal, no marco da nova lei de Eficiencia Procesual 1/2025

Programa:    
Formación teórica (150horas)
Materia: a estrutura e xestión de conflitos civís e mercantís (15 Horas)
A mediación: estrutura, procesos e técnicas (10 horas)
Materia de mediación familiar. (50 horas)
Materia de mediación comunitaria e intercultural. (25 horas)
Mediación educativa (25 horas)
Mediación deportiva e no lecer (25 horas)
Formación práctica con simulacións de mediación (150 horas, inclúe o tfc):

Simulacións prácticas de casos reais (60 horas)
Caso práctico. Mediación Familiar. Conflito de convivencia
Caso práctico. Mediación Comunitaria. Conflito entre veciños dunha escaleira.
Caso práctico. Mediación Deportiva. Conflito entre equipo técnico deportivo
Caso práctico. Mediación Educativa. Prevención do Bullying e do acoso escolar

Traballo final de curso:
Consiste na elaboración dun TFC dunha extensión mínima de 12 páxinas e un máximo de 20, onde o alumno poderá levar a cabo unha mediación real ou unha proposta de investigación de campo a partir das orientacións que se lles facilitará.

Detalles da inscrición:    
Estar en posesión do grao universitario ou de FPGS

Certificado:    Diploma da UNED de Pontevedra

Importe:    305 euros

Inscrición:    UNED-Pontevedra nesta ligazón

Datos de contacto:
Correo electrónico: negociadodealumnos@pontevedra.uned.es
Teléfono: 986851850. Extensión 2

Máis información:
extension.uned.es