Cursos da Federación Galega de Comercio

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Federación Galega de Comercio (FGC) poñen en marcha un convenio de colaboración para a realización de accións formativas para persoas traballadoras, autónomas e desempregadas de Galicia.

Estes cursos en liña totalmente gratuítos permiten mellorar competencias e habilidades, adaptarse á transformación dixital e, sobre todo, aumentar a satisfacción e motivación para asumir novas responsabilidades e funcións dentro das empresas.

Os cursos teñen unha duración que varía entre 30 e 60 horas:

– Analítica web e plan de marketing dixital (50 horas)
– Atención ao cliente e calidade do servizo (30 horas)
– Contabilidade (50 horas)
– Especialista en e-commerce (50 horas)
– Habilidades directivas e xestión de equipos (60 horas)
– Marketing en liña: diseño e promoción de sitios web (30 horas)
– Ofimática: aplicacions informáticas de xestión (50 horas)
– Paquete office: Excel (60 horas)
– Posicionamento web SEO/SEM (60 horas)
– Técnicas de negociación e venda (60 horas)
– Tenda virtual: Prestashop (60 horas)
– WordPress (30 horas)
– Xestión e control de compras e stock en almacén (30 horas)

Podedes consultar todos os cursos gratuítos que están dispoñibles e solicitar praza, desde esta ligazón: https://www.cursosfemxa.es/cursosgratis-fgc

Atópase ao dispor das persoas interesadas as seguintes canles de consulta o teléfono gratuíto ao 900 100 957, o contacto WhatsApp 619 926 324 e o correo electrónico atencionalumno@femxa.com