A Xunta abre este luns o prazo de inscrición nos cursos gratuítos de condución segura de motos, que se celebrarán en maio e xuño
Nesta convocatoria celebraranse 4 cursos, que se impartirán os días 24 e 25 de maio, en Teixeiro (Curtis), o 31 de maio en Pontevedra, e o 7 de xuño en Ourense
Os cursos esta abertos a persoas maiores de 18 anos con permiso de condución de motocicletas (3 anos de experiencia no caso de permiso B), que desexen mellorar o control da motocicleta e conducir de forma máis segura
As persoas interesadas poden inscribirse a través das páxinas web da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/seguridade-viaria/plan e a entidade colaboradora Motovial, Escola de condución motocicletas: https://www.motovial.gal/programa-conduccion-segura/