Tempada de primavera 2025 do Programa de Educación Medioambiental “Camiño a Camiño” que xa vai pola súa 17ª edición e na que teñen participado preto de 16.000 vigueses e viguesas ao longo destes anos. Está previsto que nas actividades de educación ambiental participen 3.000 usuarios e usuarias e na que se combinan percorridos medioambientais con actividades nas hortas urbanas e no voluntariado medioambiental.
Programación
Nesta edición están previstos percorridos medioambientais, actividade nas hortas urbanas e diversas actividades de voluntariado, segundo se recolle na programación máis abaixo. Tamén están previstas accións formativas relacionadas coas hortas urbanas e co voluntariado
Dende o luns 24 de marzo poden realizarse no 010 (986810260 dende móbil) as inscricións ao primeiro percorrido medioambiental a celebrar o día 30 e que percorrerá a Senda Azul do Lagares dende Cabral ata Castrelos.
As hortas urbanas e o voluntariado medioambiental arrancarán a partir do martes 25 de marzo para as persoas inscritas de anos anteriores. O voluntariado de acompañamento de cans xa leva funcionando dende febreiro.
Os cursos de hortas urbanas terán lugar entre o 1 e o 3 de abril nas respectivas hortas e o curso de iniciación ao voluntariado terá lugar o mércores 26 de marzo pola tarde nas instalacións de Vigo Nature. A inscrición xa se pode realizar no 010 ata a data previa aos respectivos cursos
Na programación que se achega atópase un resumo das actividades previstas.

Folleto da programación para descargar