A Xunta de Galicia convoca as probas de acceso ás seguintes ensinanzas artísticas superiores da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2025/26:
Ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática
Ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais
Ensinanzas artísticas superiores de Deseño
Ensinanzas artísticas superiores de Música
Requisitos:
a) Estar en posesión do título de bacharelato, ou dun título de ensinanzas artísticas superiores, título universitario ou título de técnico superior, ou dun título declarado equivalente ou homologado aos ditos títulos, ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
b) Ter superado unha proba específica de acceso á disciplina correspondente, en que se deberá demostrar que se posúen os coñecementos, capacidades, habilidades e aptitudes necesarias para cursar con aproveitamento as ensinanzas.
Prazo de inscrición:
– Ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática, ata o 16 de xuño de 2025.
– Ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais, ata o 6 de xuño de 2025.
– Ensinanzas artísticas superiores de Deseño, ata o 6 de xuño de 2025.
– Ensinanzas artísticas superiores de Música, ata o 23 de maio de 2025.
As solicitudes cubriranse de xeito telemático completando o formulario dispoñible en https://www.edu.xunta.gal/eas e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365
Máis información no DOG do 22 de abril de 2025 e en https://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/109