Vigosónico é un gran espazo adicado á música e estará destinado á mocidade viguesa en xeral pero sobre todo a mocidade que se relaciona dalgun xeito coa música: compoñendo, tocando, ensaiando, escoitando…
É unha instalación moderna e equipada. Nela atoparedes:
ESPAZOS PARA A MÚSICA.
- 5 Locais de ensaio equipados (batería, mesa, amplificadores, etc.) Dirixidos principalmente a mozos e mozas de entre 13 e 30 anos. Especialmente, grupos ou outro tipo de formacións musicais (cantautores, dúos, bandas, etc.) que precisen dun local para realizar os seus ensaios.
- Cabinas de formación
- Estudio de gravación
- Sala control de gravación
ESPAZOS ABERTOS E MULTIUSOS.
- Espazo de lectura e autoconsulta (revistas)
- Sala de Informática: 12 ordenadores completamente equipados para a búsqueda de información en internet, elaboración de documentos e traballos, edición video, etc.
- Salón de actos multiusos
- Superficie versátil: 117 m2
- Equipamento e Mobiliario: 60 cadeiras, escenario móbil, proxector, pantalla (12 m2), mesa, pizarra, etc.
- Zona de cafetería
- Terraza
- Espazo para xuntanzas (grupos, asociacións,etc)
- Zona de aparcamento
- Espazo climatizado (aire acondicionado/calefacción)
- Salas de ensaio.
- Cabinas de formación.
- Estudio de gravación.
- Salón de actos multiusos.
- Ciber gratuito.
- Zona de ocio.
Enderezo: Estrada do Portal s/n . Polígono Tecnolóxico de Valadares (ao carón do vial de baixada da Universidade)
Teléfono: 986 475 403
Correo electrónico: vigosonico@gmail.com
Horario: martes, mércores, xoves, sábado e domingo, de 16:30 a 21:00 h.
Horario de verán: Agosto pechado.
No seguinte enlace tendes toda a información sobre as liñas de autobús, horarios e combinacións para achegarvos a Vigosónico, a parada máis próxima está a 50 metros do edificio, ao carón da rotonda de entrada do Parque Tecnolóxico de Valadares.
Liñas U1, L7 e L8. Podes consultar polo miúdo os horarios na web de VITRASA