2019 Estar de Ocio

O programa de lecer para adolescentes en Vigo está destinado a mozos con idades comprendidas entre os 13 e 17 anos e pretende previr o consumo de drogas ou diferentes adiccións, fomentando un estilo de vida positivo a través de diferentes talleres participativos baseados no respecto e a igualdade.

A proposta está formada por un conxunto de talleres, actividades e concertos. Simultaneamente desenvolveranse catro talleres e cada un deles terá unha duración de hora e media para permitir a rotación de grupos.

Dos concertos, de media hora aproximada de duración, encargaranse grupos de músical local de diferentes estilos (rock, pop, electrónica, indie, etc.).

Os talleres serán os seguintes:

  • Taller de GRAFITI, onde profesionais deste campo ensinaranlles técnicas de utilización de materiais.
  • Taller de RAP, no que aprenderán a expresar o que senten e o que pensan aprendendo a compoñer as súas propias cancións.
  • Taller de REGUEIFAS, neste taller poderán compoñer os seus primeiros versos e coplas improvisadas baseadas na música tradicional galega.
  • Taller de POESÍA, un espazo de creación poética.
  • Taller de CAPOEIRA, onde mellorarán as súas condiciónes físicas, desenvolverán a coordinación motora e o equilibrio,a axilidade, flexibilidade e destreza.
  • Taller de HIP HOP e BREAKDANCE.
  • Taller de CÓMIC e PINTURA.
  • Taller de TEATRO e expresión corporal.

ESTAR DE OCIO comezou a primeira fin de semana de abril de 2019 e contará con actividades repartidas de venres a domingo de 17 a 21 horas na Casa dá Xuventude de Vigo.

DESCARGA: AUTORIZACIÓN MENORES