Impulsa Emprego Xove é un proxecto gratuíto de Axuda en Acción pensado para acompañar á xente nova na procura de emprego, ofrecéndolle orientación, formación con prácticas en empresas e ferramentas para lograr os seus obxectivos de inserción profesional.
Requisitos: ter entre 16 e 29 anos, non estar a estudar nin traballando e estar inscrito no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
O programa ofrece itinerarios formativos individualizados co obxectivo de impulsar a inserción e mellorar as oportunidades laborais a través da formación para o emprego desde un enfoque integral que inclúe:
– Acompañamento individualizado.
– Potenciación das habilidades comunicativas.
– Formación técnica.
– Prácticas en empresas.
Inscrición no programa na páxina web https://impulsaempleojoven.org/