A Xunta de Galicia a través dos centros Quérote+ oferta para o curso 2024-2025 unha serie de obradoiros para a mocidade dirixidos a centros educativos, familias, concellos e asociacións.
Oferta formativa para centros educativos
– Sexualidade: 3º ESO, 1º de FP básica.
– Promoción do bo trato e igualdade. Prevención da violencia de xénero: 3º ESO, 1º de FP básica.
– Benestar emocional. Niveis aos que vai dirixido: 1º BACH.
Oferta para familias
– Educación sexual na familia. Dirixido a familias con menores a cargo de calquera idade
– Benestar emocional en familia. Dirixido a familias con menores a cargo de calquera idade.
Oferta para concellos e asociacións: Obradoiros para a mocidade
– Falando da sexualidade: de 14 a 16 anos
– Diversxs: obradoiro da diversidade afectivo-sexual: de 16 a 18 anos
– O coidado dos vínculos afectivos: obradoiro sobre a xestión de parella e vínculos sentimentais: de 18 a 30 anos.
Máis información e solicitude en Quérote+: http://xuventude.xunta.es/querote-mais