Olimpíada Informática Galega 2025

O Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coas tres universidades públicas galegas, a Universidade da Coruña , a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo, organiza a Olimpíada Informática Galega 2025, que dá acceso á XXVIII Olimpíada Informática Española (OIE).

O obxectivo da Olimpíada, destinada a estudantes de secundaria, bacharelato e ciclos formativos de grao medio, é a promoción do coñecemento e das vocacións nesta disciplina, tan presente en todos os ámbitos hoxe en día e necesaria para a formación integral da xuventude.

Podes participar se estás cursando ESO, bachallerato ou un ciclo formativo de grao medio nun centro da Comunidade de Galicia e se tes menos de 20 anos o 1 de xullo de 2025.

Terá lugar de maneira presencial o sábado 15 de febreiro de 2025 pola mañá na Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela (coa colaboración da Facultade de Informática da Universidade de A Coruña e a Escola Superior de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo).

A Olimpíada Informática Galega consta dun conxunto de problemas, xeneralmente entre 4 e 6. Cada problema deberá resolverse empregando unha linguaxe de programación que permita automatizar a súa resolución.

Premios: As persoas que acaden os dous primeiros postos na clasificación da OIG 2025 poderán participar na Fase Nacional da OIE 2025, que se celebrará na Coruña. As organizacións da OIE e da OIG correrán cos gastos de viaxe e aloxamento. Do mesmo modo, as catro mellores persoas clasificadas da Fase Nacional poderán participar na International Olympiad of Informatics 2025, que se celebrará en Bolivia.

A pre-inscripción está aberta ata o 22 de xaneiro e é un requisito para a posterior participación.

Se queres saber como entrenar tes máis información en https://olimpiada-informatica.org/formacion

E para máis información sobre a Olimpíada: https://oig.gal/gl/olimpiada-informatica-galega-2025/