Os dereitos do neno garante a non ser discriminados

A Convención dos dereitos do neno foi proclamada e adoptada pola Asemblea Xeral da ONU o 20 de novembro de 1989. Nela establécense os dereitos inalienables de todos os nenos e as nenas, pero tamén as obrigacións dos Estados, os poderes públicos, os pais, as nais e a sociedade no seu conxunto, incluídos os propios nenos e nenas, para garantir o respecto deses dereitos e o seu goce por todos os nenos sen distinción de ningún tipo.

España ratificou a Convención un ano despois da súa aprobación. De acordo coa Constitución española, a Convención é parte integrante do ordenamento xurídico, de aplicación directa en España e o estándar mínimo que debe respectarse á hora de lexislar e desenvolver políticas públicas que afecten á infancia.

Os catro principios sobre os que se establece a Convención son a non discriminación, a primacía do interese superior do menor, a garantía da supervivencia e o pleno desenvolvemento, e a participación infantil.

O Segundo articulo da Convención da ONU sobre os Dereitos do Neno garante aos nenos o dereito de non ser discriminados, Isto inclúe o dereito de non ser discriminado pola súa orientación sexual ou preferencia de xénero

O Terceiro protocolo foi aprobado en 2014 e é o que permite aos propios nenos ou adultos no seu nome, presentar queixas individuais ante o Comité dos dereitos do neno.

https://www.savethechildren.es/trabajo-ong/derechos-de-la-infancia/protocolo-de-la-convencion

Máis información:

https://childmind.org/es/articulo/como-apoyar-a-los-ninos-lgbtq/
https://www.healthychildren.org/Spanish/ages-stages/teen/dating-sex/Paginas/Four-Stages-of-Coming-Out.aspx