O Parlamento Xove é unha competición na que os diversos equipos inscritos investigarán e debaterán sobre un tema formulado pola organización. A dificultade da actividade está en que só cinco minutos antes de cada encontro dialéctico procederase ao sorteo da postura a adoptar por cada equipo, “a favor” ou “en contra’” en relación á cuestión formulada.
O obxectivo deste programa é potenciar as habilidades individuais e en grupo, entre as que destacan o desenvolvemento da capacidade de selección de información, a expresión escrita, a expresión oral, a orixinalidade, a argumentación razoada, o traballo en equipo ou a convivencia. Así mesmo, Parlamento Xove fomenta a lectura, a escritura, o emprego das novas tecnoloxías con fins informativos e culturais e o respecto polas ideas dos demais.
O programa estrutúrase en catro categorías: ESO, Bacharelato, FP e Universidades.
O tema de debate da fase clasificatoria, na que participan todas as categorías salvo FP, publicarase proximamente.
PREMIOS
Os equipos gañadores do Parlamento Xove, en todas as categorías da competición: unha viaxe para os/as integrantes do equipo valorada en 4.000 €.
O equipo finalista: un agasallo a cada un dos/das integrantes do equipo.
O Formulario de participación estará aberto ata o 17 de xaneiro de 2025
Consulta as túas dúbidas no correo parlamentoxove.xuventude@xunta.gal ou nos teléfonos 981 545 702 e 981 541 689
Máis información en http://xuventude.xunta.es/parlamento-xove