O Concello da Estrada co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e a colaboración da Editorial Galaxia convoca o Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado.
Poderán concorrer ao premio tanto unha soa persoa autora da parte textual e da gráfica coma dúas ou máis persoas coautoras da parte textual e/ou gráfica.
As obras serán presentadas co texto en lingua galega, seguindo a normativa oficial establecida pola RAG/ILG.
As obras a concurso deberán cumprir tamén as seguintes condicións:
– O texto do álbum poderá presentarse xa incorporado á parte gráfica ou tamén por separado dela. En caso de presentarse o texto por separado enviaranse cinco copias impresas deste e outro xogo doutras cinco copias a cor do conxunto de ilustracións. Tamén deberán achegarse indicacións precisas de onde debe figurar o texto en cada páxina ilustrada. En caso de presentarse o texto xa incorporado á parte gráfica deberán enviarse cinco copias impresas a cor do álbum.
– As obras deberán ter unha extensión, sen incluír a cuberta e contracuberta e as gardas, dun mínimo de 24 páxinas e un máximo de 48 páxinas cun un tamaño de 240×210 mm en formato horizontal ou 170×240 mm en formato vertical.
– Os álbums presentaranse con título e baixo pseudónimo. Nun sobre á parte e cerrado figurarán o nome completo, DNI, enderezo postal e electrónico e máis o teléfono do autor ou autora. Todos estos datos de cada un dos autores da obra.
– O autor/a ou autores/as presentarán na plica unha declaración xurada conforme de estar ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa seguridade social, e non estar incursos en prohibición de percepción de obrigas públicas, e en xeral de cumprir os requisitos do artigo 13 da LGS 38/2003, así como fotocopia do DNI, NIE, pasaporte ou documento equivalente.
O prazo de admisión de orixinais rematará o 31 de xaneiro de 2025.
Os álbums deberán enviarse ao seguinte enderezo:
V Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado
Concello da Estrada
Praza da Constitución, 1
36680 A Estrada (Pontevedra)
Establécese un premio único de 4.000 euros para o gañador ou gañadora, suxeito ás retencións que, no seu caso, procedan. De seren dúas ou máis as persoas gañadoras, a contía do premio repartirase equitativamente entre todas elas.
O álbum gañador será publicado pola Editorial Galaxia.
Máis información: Bases do V Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado