Premio Arume de Poesía para a Infancia

A Fundación Xosé Neira Vilas xunto con GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) convocan o Premio Arume de Poesía para a Infancia.

Os textos presentados han de ser inéditos e totalmente orixinais e estarán escritos en lingua galega. A temática será libre e acaída para o público infantil e/ou xuvenil, terán unha extensión mínima de 350 versos e poderán conformar un só poema ou un grupo de poemas.

presentación das obras realizarase mediante o envío por correo postal ao enderezo Fundación Xosé Neira Vilas. Gres nº 9 -36587- Vila de Cruces (Pontevedra) indicando no sobre “Premio Arume de Poesía para a Infancia”.

Requisitos
Poderán presentarse todas as persoas maiores de idade de calquera nacionalidade, salvo os gañadores das tres convocatorias anteriores.

Dotación
Premio único: 1.000 € e publicación

prazo de admisión de orixinais estará aberto ata o 15 de novembro de 2024.

Máis información
https://www.neiravilas.gal
Bases