O Concello de Lalín convoca o XXXI Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico “Álvaro Cunqueiro”
Poderán tomar parte no devandito concurso os/as escritores/as, xornalistas e particulares que publicaran artigos, libros, entrevistas, reportaxes, viñetas, fotografías, comentarios, etc. en galego, en castelán ou calquera idioma, nos distintos medios de comunicación (prensa, radio, televisión, redes sociais e publicacións), sobre temas relacionados coa gastronomía galega en particular e a gastronomía en xeral, nos últimos dous anos.
Ademais, poderán tomar parte os/as estudantes do Grao de Xornalismo, Publicidade e Comunicación Audiovisual que presenten os seus traballos académicos relacionados coa gastronomía.
Premios:
4.000 euros, ao mellor traballo presentado entre todas as categorías.
1.000 euros, ao mellor traballo académico presentado por alumnos co fin de potenciar os novos valores.
O prazo para a presentación dos traballos estará aberto ata o 27 de xaneiro de 2025.
Máis información no BOP de Pontevedra do 13 de decembro de 2024