Premios de Poesía e Xornalismo Johán Carballeira

O Concello de Bueu convoca o XXVIII Premio de Poesía Johán Carballeira e o XXII Premio de Xornalismo Johán Carballeira

XXVIII Premio de Poesía Johán Carballeira

Poderán concorrer calquera persoa maior de idade que presente os seus orixinais escritos en lingua galega. Os textos, cuxa extensión deberá superar os 400 versos, terán que ser inéditos e non estar premiados en anteriores convocatorias do premio nin en ningún outro concurso de poesía.

A presentación dos traballos poderase facer mediante dúas formas:

En papel: De cada traballo teñen que presentarse 3 copias en tamaño folio, mecanografadas a dobre espazo, numeradas e grampadas ou encadernadas. Estas deberán vir identificadas cun título e/ou lema. As obras presentaranse en sobre pechado, coa indicación “XXVIII Premio de Poesía Johán Carballeira”, no seguinte enderezo: 
Concello de Bueu
Rúa Eduardo Vincenti 8
36930 Bueu (Pontevedra). 

En formato dixital: mediante CD que incluirá na cuberta “XXVIII Premio de Poesía Johán Carballeira”, título da obra e un lema ou pseudónimo da persoa que sexa a súa autora; nun arquivo de tratamento de texto Word, OpenOffice ou PDF. 

O prazo de presentación dos orixinais estará aberto ata o 31 de maio de 2025.

O premio terá unha dotación única de 1.500 €.


XXI Premio de Xornalismo Johán Carballeira

O certame está aberto a traballos de temática libre pertencentes a calquera xénero xornalístico, publicados con firma ou pseudónimo entre o 1 de xaneiro e o 31 de maio de 2025. Poderán concorrer a el tódalas persoas físicas maiores de idade que presenten os seus traballos, os cales deberán ter sido publicados en medios impresos ou dixitais, escritos en lingua galega.

O prazo de presentación dos orixinais estará aberto ata o 31 maio de 2025.
O premio terá unha dotación única de 1.500 € 

Máis información no BOP de Pontevedra do 31 de marzo de 2025 e en www.concellodebueu.gal