Premios Virxe do Carmen

A Armada convoca os premios Virxe do Carmen correspondentes ao ano 2025, nas seguintes disciplinas: Investigación histórica, Relato curto “Relatando a mar”, Debuxo infantil, Mocidade, Pintura, Fotografía e Modelismo Naval.

Os premios Virxe do Carmen teñen por obxecto fomentar o interese e a afección polo mar e os asuntos navais, estimular na mocidade as vocacións polos oficios e profesións navais e difundir a cultura naval en todo o ámbito nacional.

Modalidades

Investigación histórica. Traballo que, en calquera manifestación histórica, científica, literaria ou humanística contemple, analice ou relacione a vinculación de España co mar e coa Armada, no seu ámbito nacional ou na súa proxección ultramarina.
Dotado con 5.500 euros

Relato curto “Relatando a mar”. Traballo relacionado coa mar nalgún dos múltiples aspectos que incumben aos océanos e ás súas xentes (mariños, vida na mar, expedicións, etc.).
Dotado con 2.000 euros

Mocidade.
Dentro de Mocidade hai tres modalidades:

– Elabora o teu cartel.
Para o mellor traballo individual que deseñe un cartel anunciador que permita, dunha forma gráfica, identificar e personalizar a convocatoria dos Premios Virxe do Carme 2026.
A súa temática deberá gardar relación ca figura do Almirante Álvaro de Bazán e Guzmán, I Marqués de Santa Cruz, con motivo do V centenario do seu nacemento.
Dirixido a alumnado de 2º Ciclo de ESO, Formación Profesional de Grao Medio e Bacharelato, a través dos seus respectivos centros educativos.
Dotado con 750 euros para o alumno/a que realiza o traballo e 250 euros para o profesor/a que o dirixa.

– Traballo escolar.
Para o mellor traballo en grupo no que se destaque a historia e contribución da Armada á sociedade. Os traballos poderán presentarse como proxecto creativo ou texto escrito.
Establécense dúas categorías:
– Categoría ESO: Para alumnos de Ensino Secundario Obrigatorio, a través dos seus correspondentes Centros Educativos.
– Categoría Bacharelato/FP: Para alumnos de Formación Profesional de Grao Medio e Bacharel, a través dos seus correspondentes Centros Educativos.
Dotado, en cada unha das categorías, con 1.250 euros para os alumnado que realiza o traballo e 250 euros para o profesor/a que o dirixa.

Mozo/a investigador/a.
Para o mellor traballo individual de investigación, en modalidade histórica ou documental, levado a cabo por alumnado de Bacharelato, directamente relacionado coa contribución da Armada á sociedade ao longo da historia, cos seguintes obxectivos:
– Potenciar a capacidade de análise e sentido crítico a través do manexo de diferentes fontes documentais.
– Favorecer o respecto cara ao Patrimonio Histórico e unha comprensión do pasado e do presente mellor fundamentado.
Dotado con 1.500 euros para o alumno que realiza o traballo e 250 euros para o profesor/a que o dirixa.
O profesor/a e o alumno/a gañador realizarán o tránsito a bordo do Juan Sebastián de Elcano desde Marín a Cádiz, previsto durante a segunda quincena do mes de xullo 2025.
O traballo gañador incluirase no programa educativo “Aprende a investigar” do Servizo Educativo e Cultural do Instituto de Historia e Cultura Naval
(https://fundacionmuseonaval.com/SEC/)

Pintura Naval.
Premio para a mellor obra en que, con creatividade pictórica, plasme a actividade naval en calquera dos seus aspectos co fin de conseguir o acercamento entre a sociedade e a Armada.
1º premio con 4.500 euros.
2º premio con 3.500 euros.

Fotografía.
Para a fotografía que mellor plasme a vinculación da Armada coa súa contorna, recollendo motivos que reflictan os aspectos das súas múltiples facetas e actividades.
Dotado con 1.500 euros

Modelismo Naval. Establécense dúas modalidades:
– Modelo Naval. Para o mellor modelo de nave, embarcación ou buque, sen distinción de época. Dotado con 4.000 euros
– Diorama. Para o mellor diorama de instalacións relacionadas coa historia e a arte da construción naval española, sen distinción de época. Dotado con 2.500 euros

prazo de presentación de solicitudes de participación nos premios estará aberto ata o 4 de febreiro de 2025.

Máis información no BOE do 19 de decembro de 2024

https://armada.defensa.gob.es/premiosvirgendelcarmen