Convocatoria das probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros/as por estrada que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2025.
No ano 2025 realizaranse oito convocatorias, tanto para as categorías D1, D1 + E, D e D + E como para as categorías C1, C1 + E, C e C + E, que se desenvolverán de acordo co seguinte calendario e prazos de inscrición:
As solicitudes deben presentarse de forma obrigatoria a través da sede electrónica do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible á que se pode acceder desde a sede electrónica da Xunta (http://sede.xunta.gal) código de procedemento IF310D.
O certificado de aptitude profesional acredita que o condutor superou os cursos e os exames esixidos. É expedido polos órganos autonómicos competentes para o outorgamento de autorizacións habilitantes para a realización do transporte público discrecional de viaxeiros e mercadorías por estrada. Estes dispositivos reforzan as garantías de seguridade e transparencia e incrementan a profesionalización e a competitividade no sector do transporte.
Maís información: DOG do 18 de novembro de 2024