AFAGA vai executar un Programa Integrado de Emprego (PIE) .
Trátase dun Programa para mellorar a empregabilidade e inserción laboral dun centenar de demandantes de emprego da provincia de Pontevedra, e conseguir que polo menos a metade firme un contrato de traballo antes de novembro de 2025.
As persoas participantes recibirán orientación laboral individual e grupal, realizarán talleres de desenvolvemento persoal e habilidades brandas, e cursos de formación en especialidades do SEPE en tres itinerarios: dixital, sociosanitario e de loxística e transporte.