O programa Retorna Cualifica Emprego ten como finalidade contribuír a incrementar a poboación activa de Galicia a través da atracción das persoas galegas residentes no estranxeiro, tanto as emigrantes como as súas descendentes, facilitándolles mecanismos e medios para a súa cualificación e a súa inserción laboral.
Requisitos
Poden participar no programa as persoas emigrantes de nacionalidade española e orixe galega residentes no estranxeiro, que estean interesadas en integrarse laboralmente en Galicia que:
-Estean en posesión da nacionalidade española e sexan menores de 55 anos.
-Acrediten residir fóra de España un mínimo dun ano inmediatamente anterior á data de inicio de participación no Programa Retorna Cualifica Emprego.
Estean vinculadas a Galicia, alomenos, cunha das seguintes situacións:
-Ser emigrante nacido en Galicia.
-Ser emigrante non nacido en Galicia, pero ter residido en Galicia de forma continuada durante dez anos con nacionalidade española antes de emigrar.
-Ser descendente por consanguinidade de persoa emigrante nacida en Galicia, sempre que a persoa solicitante nacese no estranxeiro.
-No caso das persoas nacidas no estranxeiro, estaren vinculadas a un concello galego.
-Poderán tamén participar no Programa o cónxuxe / parella que estea tamén en disposición de aceptar un contrato de traballo en Galicia, que cumpran os requisitos que a normativa de aplicación esixa.
Contratación
Formalización dun contrato de traballo que será como mínimo de 12 meses, agás na modalidade fixo-descontinuo que deberá ser como mínimo de 15 meses e dos cales, como mínimo, 9 meses serán de actividade.
Axuda económica
-Apoio para viaxar e para comezar.
-A participación no programa é gratuita, e no caso de aceptar o posto, os gastos de traslado están cubertos ademáis dunha axuda económica de 1.300€ para cubrir os primeiros gastos de instalación en Galicia
Compromiso
A aceptación do posto de traballo implica unha permanencia mínima en Galicia de 12 meses.
Máis información
https://empregoengalicia.gal
ctb.igcualif@xunta.gal
981 54 68 04