Proxecto Voitheia de atención á mocidade con tendencias suicidas

Alar Galicia, subvencionada por la Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, pon en funcionamento o Proxecto Voitheia; un gabinete de prevención, sensibilización e asesoramento de persoas con tendencias suicidas e apoio profesional aos grupos máis próximos.

O proxecto ten por obxectivo reducir a prevalencia das condutas suicidas entre os mozos e mozas de entre 12 e os 30 anos. Con este fin, levaranse a cabo acción gratuitas, profesionais e confidenciais en toda Galicia.

As liñas de acción abarcan:
a) Sesións individuais a persoas con tendencias suicidas ou factores de risco asociados ao suicidio e a súa contorna sociofamiliar inmediata.
b) Sesións de mediación familiar para as persoas con tendencias suicidas ou factores de risco asociados ao suicidio e a súa contorna sociofamiliar inmediata.
c) Sesións grupais con persoas con tendencias suicidas ou factores de risco asociados ao suicidio.
d) Talleres de prevención e sensibilización en centros educativos e outros recursos de atención a menores (centros sociais, centros de menores, etc.).
e) Prevención e sensibilización a través de redes sociais como Instagram e Facebook (@alargalicia).

A frecuencia e duración dos servizos seguirá o criterio profesional do técnico a cargo do proxecto e estarán dirixidos en todo momento a mozos e mozas de entre 12 e 30 anos, residentes da comunidade galega e que presenten, ou podan chegar a presentar pola presenza de factores de risco, condutas suicidas (ideación, planificación, autolesións, tentativas ou ameazas suicidas, etc.), así como a súa contorna sociofamiliar inmediata. Asímesmo, recoñecerase a preferencia daquelas persoas en risco ou situación de exclusión social.

O servizo, completamente gratuito, pódese solicitar contactando a través do correo electrónico alargaliciasocial@gmail.com ou nos teléfonos 982 243 316 e 608 803 171.

http://www.alar-galicia.es/proxecto-voitheia/