A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural convoca subvencións para proxectos de investimento en actvidades non agrícolas nas zonas rurais de Galicia
Persoas e entidades beneficiarias:
a) As microempresas e as pequenas empresas situadas en zonas rurais e constituídas con anterioridade ao 1 de setembro de 2024.
b) Persoas físicas que residan nunha zona rural. As persoas solicitantes deberán estar suxeitas ao réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos con anterioridade ao 1 de setembro de 2024.
Proxectos subvencionables:
Adquisición de maquinaria e equipamento co obxectivo de mellorar, ampliar e/ou modernizar pequenas empresas que desenvolven actividades produtivas non agrarias nos seguintes sectores e ámbitos de actividade:
– Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais.
– Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios.
– Prestación de servizos en calquera sector económico, con exclusión das empresas de servizos de maquinaria agrícola e forestal e das empresas de servizos enerxéticos.
– Prestación de servizos sociais (garderías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas-escola…).
– Actividades de lecer, recreativas e deportivas.
– Artesanía e actividades artesanais.
– Actividades baseadas na innovación tecnolóxica e no comercio electrónico.
– Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial e veterinaria.
– Comercio polo miúdo.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 28 de febreiro de 2025.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento MR708A
Máis información no DOG do 29 de xaneiro de 2025 e en https://agader.xunta.gal/gl/linas-de-axuda e no teléfono 981 547 369.