Residencias Artísticas Novos Valores do Museo de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra convoca as Residencias Artísticas Novos Valores do Museo de Pontevedra en colaboración con Madrid Destino Cultura Turismo y Negocio, S.A., e a Fondation Walter & Nicole Leblanc, mediante a cal se seleccionarán dous/dúas artistas que se beneficiarán dunha axuda para a creación artística contemporánea en vivo nun programa que se levará a cabo na Fondation Walter & Nicole Leblanc en Bruxelas e no Centro de Creación Contemporánea Matadero Madrid durante o ano 2025.

As residencias artísticas levaranse a cabo do seguinte xeito:
– 4 semanas en Bruxelas, unha entre o 26 de febreiro e o 25 de marzo de 2025 e outra entre o entre o 27 de marzo e o 24 de abril de 2025.
– 3 meses en Madrid, entre o 28 de abril e o 21 de xullo de 2025.

Poden participar nesta convocatoria persoas que sexan comisarias, artistas creadoras ou investigadoras de proxectos artísticos, residentes ou nadas na provincia de Pontevedra que teñan, como mínimo, 18 anos na data de presentación de solicitudes. Estas deben contar cun nivel alto de inglés ou francés, o que implica ter unha comprensión oral e escrita que lles permita desenvolverse completamente en Bruxelas.

As persoas solicitantes deberán presentar un proxecto artístico de creación específico, orixinal e inédito, de calquera modalidade de pintura, escultura, debuxo, deseño, gravado, fotografía, cerámica ou vídeo, entre outros, e que sexa susceptible de ser considerado novos valores.
O proxecto deberá estar realizado en lingua galega ou castelá.

As persoas seleccionadas recibirán unha bolsa económica de 9.500 euros para o desenvolvemento do proxecto nos lugares de destino, así como para os seus gastos de transporte e manutención.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 17 de xaneiro de 2025
Máis información no BOP de Pontevedra do 17 de decembro de 2024