Retorna Talento FP

A Xunta de Galicia convoca 150 bolsas Retorna Talento FP, para persoas galegas residentes no estranxeiro interesadas en retornar e cursar determinados estudos de formación profesional que se inicien no ano 2025 en centros educativos de Galicia 

Modalidades das axudas
Modalidade A: certificados profesionais.
75 bolsas para cursar, polo réxime dual intensivo, os certificados profesionais (grao C) que se detallan na convocatoria
Modalidade B: ciclos de formación profesional.
75 bolsas para cursar, polo réxime dual intensivo, os ciclos de formación profesional (grao D) que se indican na convocatoria

Persoas destinatarias
Poderá concorrer a esta convocatoria a cidadanía galega residente no exterior e que cumpra os seguintes requisitos:
– Ter os 18 anos feitos na data da solicitude, para o caso dos participantes da modalidade A, ou ben facer os 18 anos de idade durante o ano natural de inicio dos estudos, para o caso dos participantes da modalidade B. En todo caso, o límite superior para ambas, modalidades será de 45 anos na data da solicitude.
– Estar en posesión de pasaporte ou DNI español.
– Residir no estranxeiro.
– Acreditar un mínimo de 2 anos de residencia fóra de España inmediatamente anterior á data da presentación da solicitude.
– Cumprir polo menos unha das seguintes condicións:
  Ser emigrante nacido/a en Galicia.
  Ser emigrante non nacido/a en Galicia, pero residir en Galicia de forma continuada durante 10 anos con nacionalidade española antes de emigrar.
  Ser descendente por consanguinidade de emigrante nacido/a en Galicia.

No caso das persoas solicitantes da modalidade B:
– Estar en posesión dalgunha das titulacións que dan acceso ao ciclo formativo correspondente. A titulación deberá estar homologada e acreditarase mediante a correspondente credencial de homologación
– Dispor de conexión a internet e ordenador ou dispositivo móbil compatible coa plataforma de teleformación da Consellería de Educación.

Contía das axudas
Modalidade A: a contía de cada bolsa será de 4.000 €.
Modalidade B: a contía de cada bolsa será de 12.000 €.

As solicitudes presentaranse en http://sede.xunta.es co procedemento ED333B
O prazo para a presentación das solicitudes estará aberto ata o 28 de abril de 2025.
Máis información no DOG do 27 de marzo de 2025 e en https://emigracion.xunta.gal/es