A finalidade ou obxectivo que se pretende acadar coa convocatoria é o fomento do asociacionismo e da participación cidadá, en particular:
• Contribuír á existencia e funcionamento ordinario das Asociacións de Veciños e Sociedades Culturais, entidades sociais, asistenciais, culturais, festivas e de lecer, peñas recreativas, de promoción e defensa de valores, étnicas e relixiosas, sen ánimo de lucro, para a representación e defensa de intereses xerais e sectoriais.
• Potenciar a xeración e continuidade de grupos e programas de actuación estables, sen prexuízo da diversidade de actividades programadas.
• Fomentar a participación cidadá no seu sentido máis amplo contribuíndo a visibilizar a acción social, cultural, educativa e de ocio desenvolvida polas asociacións civís, fundacións, entidades relixiosas e entidades sen ánimo de lucro inscritas no RMA que operan na cidade.
• Apoiar ás entidades asociativas no desenvolvemento dos seus proxectos para o fomento de participación cidadá, nos que se poden incluír actuacións nos campos da cultura, o benestar social, o ocio, o voluntariado e a integración veciñal, en xeral, de contido sociocomunitario.
• Contribuír a difusión e accesibilidade da información entre asociacións sen ánimo de lucro e a facer partícipe aos seus respectivos públicos obxectivos de información relevante e de interese.
• Potenciar a dinamización social e as relación da cidadanía a través de actividades de ocio en tempo libre e de promoción da cultura tradicional.
• Contribuír a que a información que reciben os interesados sexa unha información de calidade e colaborar e facilitar as accións encamiñadas á distribución da información nos diferentes soportes.
• Captar e promover a formación do voluntariado, dinamizando o tecido asociativo.
• Promover a cohesión social da cidade e da cidadanía, a través de espazos e foros abertos de debate, intercambio de ideas e experiencias para a comunicación social.
• Promover a formación integral das persoas en valores (paz, solidariedade, dereitos humanos, liberdade ideolóxica, relixiosa e de culto, tolerancia, amizade) cara unha maior sensibilización na mellora da integración e cohesión social e en contra da exclusión.
• Reforzar os vínculos da comunidade veciñal e do tecido asociativo da cidade contribuíndo á dinamización das relacións interconfesionais en recoñecemento do pluralismo relixioso e a interculturalidade existente na cidade e a súa contribución á vida social, educativa e cultural.
• Programas de sensibilización e ampliación dos recursos propios a través de captación de novos asociados, doazóns e colaboracións.