Tes 18 anos de idade? Prepárate para descubrir Europa!

Se tes 18 anos de idade podes obter un bono para viaxar por Europa con DiscoverEU 

DiscoverEU é unha acción do programa Erasmus + que che ofrece a posibilidade de explorar a diversidade de Europa, aprender sobre o seu patrimonio cultural e a súa historia e conectar con persoas de todo o continente.

Ofreceráseche un bono de viaxe e unha viaxe predominantemente en tren.

Como viaxeiro seleccionado, recibirás un Carné Xove Europeo de DiscoverEU para obter numerosos descontos en visitas culturais, actividades de aprendizaxe, deportes, transporte local, aloxamento e comida.

Prazo: a próxima rolda de candidaturas estará aberta desde o 2 de outubro de 2024 ás 12.00 do mediodía  ata o 16 de outubro de 2024 ás 12.00 do mediodía 

Para poder participar, tes que:

– Nacer entre o 1 de xullo de 2006 e o 31 de decembro de 2006 (ambos inclusive),
– Encher o formulario de candidatura en liña cun número de documento de identidade, de pasaporte ou de tarxeta de residencia legal válido,
– Ser cidadán ou residente legal de longa duración dun dos seguintes países: un dos Estados membros da Unión Europea, incluídos os países e territorios de ultramar (PTU), ou un dos terceiros países asociados ao programa Erasmus+: Islandia, Liechtenstein, Macedonia do Norte, Noruega, Serbia ou Turquía.

A continuación, terás que responder a un cuestionario (salvo se presentas a túa candidatura como membro dun grupo).

Se resultas seleccionado, poderás facer unha viaxe de entre 1 e 30 días de duración entre o 1 de marzo de 2025 e o 31 de maio de 2026.

Podes viaxar só/soa ou engadir ata a un máximo de catro amigos/as no teu grupo, que deberán cumprir as condicións de admisión anteriores. Os outros membros do grupo utilizarán o teu código de candidatura para presentar a súa propia.

Se che resulta complicado viaxar porque tes unha discapacidade ou un problema de saúde, recibirás asistencia e apoio para poder participar nesta acción.

https://youth.europa.eu/discovereu_es