Vigo en Inglés 2025

O Concello de Vigo está firmemente comprometido co ofrecemento, ao meirande número posible de estudiantes vigueses, da posibilidade de perfeccionar o seu coñecemento do inglés, asemade que descobren a cultura e o sistema educativo dos países anglosaxóns. O dominio dunha segunda lingua é esencial hoxe en día, sendo o inglés, o español e o chinés as máis demandadas e con maior presencia a nivel mundial.

O programa da edición 2025 vai dirixido a estudantes de 3º da ESO. Desenvólvese nos meses de setembro, outubro e novembro de 2025 e consiste nunha estadía de 3 semanas nun país de fala inglesa. Durante este tempo, os rapaces asisten a un centro escolar, coma calquer outro estudiante local.

+Info: VIGO EN INGLÉS