Vigosónico lanza as súas novas actividades formativas 2024-2025

Vigosónico lanza o seu novo ciclo formativo 2024-2025, consolidándose “como un referente na formación técnica e creativa para a industria musical e a creación de contidos”. O Concello de Vigo destina ao desenvolvemento das actividades desta instalación municipal case 100.000 euros.

Este ano Vigosónico “contará cunha nova sala de podcast, equipada con ferramentas de gravación e un espazo acústicamente acondicionado”, especialmente deseñado para creadores de contido. Esta nova infraestrutura reforza e amplía a oferta máis alá da música para abarcar tamén a creación de contido dixital.

A través da área de “Campus Vigosónico” facilita o acceso as múltiples facetas do ámbito musical e creativo, a través de profesionais do sector. Proporciona unha plataforma onde os participantes poderán involucrarse en proxectos creativos, intercambiar coñecementos e explorar novas posibilidades na industria. “Academia Vigosónico” realiza unha formación musical dende a base, impartindo cursos de iniciación en baixo, batería, guitarra e canto. Esta área está dirixida a mozos intérpretes de entre 10 e 35 anos.

Ao longo do ano Vigosónico conta contará con múltiples obradoiros. O curso comeza en setembro con obradoiros como o “Obradoiro de composición e creación de cancións” e o “Obradoiro práctico de podcasting”. En outubro, estarán dedicados á creación de podcasts e se centrarán en obradoiros de incubación sobre produción musical e dereitos de autor.

Tamén ofrecerá actividades lúdicas baixo o programa “Vigosónico Xoga”. Novembro traerá consigo sesións de “Iniciación DJ”. O curso estenderase ata 2025, incluíndo obradoiros especializados en produción de eventos musicais, técnicas de gravación e mestura, e o evento especial “Demosónico”.

INSCRICIÓN NAS ACTIVIDADES

INSCRICIÓNS EN ACADEMIA VIGOSÓNICO
https://vigosonico.com/campus
INSCRICIÓNS EN CAMPUS VIGOSÓNICO
INSCRICIÓNS EN XOGA VIGOSÓNICO
INSCRICIÓNS EN SALAS DE ENSAIO