VIII Concurso fotográfico sobre micoloxía

O Concello da Pobra do Caramiñal convoca o VIII Concurso fotográfico sobre micoloxía.

Cada persoa participante pode presentar 2 fotografías como máximo relacionadas coa micoloxía.
O envío de fotografías farase ao correo electrónico: apobra.micoloxia@gmail.com
No correo indicarase o nome, apelidos e teléfono de contacto.

O prazo para enviar fotografías estará aberto ata o 27 de outubro de 2024 ás 23.59 h.

Os premios serán vales para consumir no comercio local
1º premio 350 €
2º premio 250 €
3º premio 150 €