XIX Certame Francisco Añón de Poesía

O Concello de Outes convoca o XIX Certame Francisco Añón de Poesía.

Poderán participar todas as persoas interesadas, de calquera nacionalidade que presenten os orixinais escritos en lingua galega. Os textos presentados deberán ser inéditos e non premiados noutros concursos.

Categoría A: Nenos/as de 6 a 7 anos. Premios:
1º Clasificado: Vale de 150 € en libros e publicación da obra galardoada.
Accésit: Publicación da obra.

Categoría B: Nenos/as de 8 a 9 anos. Premios:
1º Clasificado: Vale de 180 € en libros e publicación da obra galardoada.
Accésit: Publicación da obra.

Categoría C: Nenos/as de 10 a 11 anos. Premios:
1º Clasificado: Vale de 210 € en libros e publicación da obra galardoada.
Accésit: Publicación da obra.

Categoría D: Rapaces e rapazas de 12 a 14 anos. Premios:
1º Clasificado: Vale de 240 € en libros e publicación da obra galardoada.
Accésit: Publicación da obra.

Categoría E: Mozos e mozas de 15 a 17 anos. Premios:
1º Clasificado: Transferencia bancaria por valor de 480 € e publicación da obra galardoada.
Accésit: Publicación da obra.

Categoría F: Maiores de 18 anos. Premios:
1º Clasificado: Transferencia bancaria por valor de 1.500 € e publicación da obra galardoada.
Accésit: Publicación da obra

Para a categoría E, as obras terán unha extensión mínima de 150 versos
Para a categoría F, as obras terán unha extensión mínima de 200 versos

prazo de presentación estará aberto ata o 31 de marzo de 2025.
Máis información en www.outes.es 
BOP da Coruña do 3 de febreiro de 2025