A Deputación de Pontevedra convoca o programa +Xuntas 2025, a través do cal entidades interesadas poderán seleccionar unha das accións formativas ofertadas pola Deputación.
O programa “+Xuntas” ten por finalidade mellorar a formación básica das mulleres na comunidade e as súas condicións de vida, promover o apoderamento e a súa autonomía individual, e crear redes de apoio para impulsar a participación activa, a sororidade e a xeración de vínculos entre as participantes, así como para fomentar as relacións interpersoais e o intercambio de experiencias ao compartir vivencias e romper co illamento.
Este programa está destinado a asociacións, federacións e fundacións sen fins de lucro da provincia de Pontevedra ou que conten cunha delegación nela, que teñan como obxectivo e ámbito de actuación a promoción das mulleres.
As accións formativas deberán estar abertas a toda a poboación da provincia de Pontevedra, aínda que as mulleres terán preferencia. En caso de quedaren prazas vacantes, poderán participar homes, ata un máximo do 25 % do total das prazas adxudicadas. As persoas participantes deberán ser maiores de idade ou, de maneira excepcional, maiores de 16 anos.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 13 de xaneiro de 2025
Máis información no BOP de Pontevedra do 12 de decembro de 2024 e en https://www.depo.gal/es/-/programa-mais-xuntas